viernes, 29 de marzo de 2019

Pondal alén do himno Sermos Galiza

A nova completa aquí:

Pondal alén do himno - CULTURA - Sermos Galiza - Diario de intereses galegos

Pondal alén do himno



[Imaxe: X. Díaz]

(Imaxe: X. Diaz)



 “Pondaliana” é o título do disco-libro coeditado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e A Mesa pola Normalización Lingüística que contén quince poemas musicados dun dos grandes escritores da literatura galega, Eduardo Pondal. O cedé, que xa está á venda, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio, impulsora dun proxecto que pretende achegar a obra do escritor pontecesán ao gran público.





O proxecto Pondaliana, que xa está á venda en formato disco-libro, ideouse hai xa catro anos ao abeiro da Sociedade Cultural Medulio para conmemorar o centenario do pasamento dun dos grandes clásicos da literatura galega do XIX. Daquela, a entidade ferrolá artellara un espectáculo audiovisual que, despois de moito traballo pola complexidade que aparellaba, foi presentado en xuño de 2017 no Teatro Jofre da cidade naval.
O profesor Francisco Rodríguez, promotor desta iniciativa e autor dalgunhas das melodías destes quince poemas musicados, apunta que, a diferenza das actividades anteriores, consistentes en pequenas montaxes escénicas de poemas dos outros dous grandes clásicos do século XIX –Rosalía e Curros–, en 2013 “demos un salto cualitativo”. “Intentamos, grazas á colaboración desinteresada de varios cantores e cantoras e de instrumentistas, todos eles e elas dunha grande cualificación e calidade, achegar esa poesía musicándoa como cancións”, explica. Resultado dese interese foi a colaboración co Grupo Tempo Catro para musicar varios poemas de Cantares Gallegosco gallo do 150 aniversario da súa publicación e que deu a luz un CD, editado pola AS-PG, que levaba por título Rosalía, os ollos que falan.
Con esa experiencia ás costas, Medulio decidiu preparar un espectáculo para conmemorar o centenario da morte de Pondal. Foi en xuño de 2017. “Nada menos que quince poemas do poeta máis esquecido dos tres grandes do XIX, autor do himno galego, cobraron vida inusitada e mostraron ao público canto descoñecemos de nós mesmos, canto minusvaloramos o que temos e que tesouro poético está esperando a ser descuberto para gozo de todos a través en concreto da música”, sinala Rodríguez.

Do mesmo xeito que as iniciativas anteriores, esta contou co apoio da AS-PG (á que se sumou tamén A Mesa pola Normalización Lingüística). O seu presidente, Xoán Costa, lembra que cando comezaron a preparar os primeiros discos sobre clásicos da poesía galega o público obxectivo era a escola, “pois pensamos que tiñamos que dar a coñecer a través da música os nosos referentes de maior valor literario entre a mocidade do país”.
Un reto
“Musicar poemas dos grandes poetas é frecuente noutras literaturas e países”, engade Costa, “e para nós era un reto tamén apoiar un proxecto que profundiza no valor do autor do himno póndolle música a algúns dos seus poemas. Nese sentido, coido que o disco ofrece unha visión distinta da que acotío se ten de Pondal, cunha ampla variedade de ritmos e estilos que demostra que a poesía dos nosos clásicos está perfectamente inserida na modernidade musical”.
Francisco Rodríguez: O centenario pasou sen pena nin gloria e a única actividade de calado e con moito traballo detrás foi o musical Pondaliana
No caso de Pondal, subliña Rodríguez, as circunstancias que rodearon os actos conmemorativos foron un acicate. “O centenario”, láiase, “pasou sen pena nin gloria e a única actividade de calado e con moito traballo detrás foi o musical Pondaliana”. Concibido deste xeito e artellado como un percorrido vital do protagonista, foi clave a colaboración de músicos como Xoán Padín, Alberte López, Lidia Piñeiro, Roberto Vázquez, Alberte Maceiras ou Andrés Pazos, profesor do Conservatorio que, lembra o promotor, “se encargou ademais de lograr a colaboración de varios compañeiros e compañeiras e do propio centro”.
Entre todos eles foron seleccionando os poemas que serviron de base ao espectáculo a partir da edición feita polo profesor da Universidade da Coruña Manuel Ferreiro. “Fomos propoñendo melodías e ideas musicais para cada un dos poemas seleccionados e, para a gravación do disco, houbo unha nova achega, a de Alberte Núñez”.
Un proceso participativo
Andrés Pazos, un dos protagonistas do traballo que xa está á venda, engade que o proceso creativo do disco “foi moi ecléctico, xa que recolle as visións musicais de varias persoas. A miña aportación foi a de pórlle música ás melodías ideadas e cantadas por Francisco Rodríguez, con quen mantiven un contacto permanente ao longo de todo o proceso”. O profesor de piano do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol sinala que “intentamos facer unha escolma de pezas diferentes e con elas construír unha historia no escenario do teatro enfrontando a visión do Pondal novo coa visión do Pondal vello. Fixemos varias reunións entre os participantes e cada un de nós escolleu as obras coas que máis se identificaba”.
A complexidade de dotar de melodía e instrumentación os poemas de Pondal vén dada pola complexidade da súa propia poesía, sen obviar tampouco o feito do reto que supón musicar as composicións da persoa que ten acadado toda a sona posíbel como autor do poema que se convertería no himno galego. Segundo Pazos, “cando os poemas son simétricos, é mais doado poñerlles música que cando son irregulares. Tamén depende un pouco da instrumentación que leve cada un. Con todo, penso que as ideas preconcibidas hainas que deixar no punto de reciclaxe, non digo máis”.
Andrés Pazos: “O disco é un bon xeito de prenderlle lume a certas etiquetas que de xeito gratuíto algunha persoa coloca aos nosos e ás nosas autores e autoras
Outra das participantes activas do proxecto é a vocalista Lidia Piñeiro. Para ela, un dos aspectos máis interesantes do proceso creativo “foi ver a transformación que foron experimentando os temas; os comezos sempre son difíciles, mais logo semella que as pezas do crebacabezas musical van encaixando até chegar á composición final. Foi un proceso longo, coas súas altas e baixas. Persoalmente, moi enriquecedor. Aprender das súas verbas, o traballo cos músicos, o directo, a gravación do disco… Que lindo poder encherte de cultura e arte!”. Resalta ademais Piñeiro a importancia deste traballo no sentido de que “a música chega dun xeito moi directo ao corazón da xente e darlle vida aos poemas a través da música axuda a facelos máis presentes nas nosas vidas”.
Eliminar etiquetas
Agora, coa publicación cedé, ponse punto e á parte a un proceso creativo intenso e laborioso que, polo demais, transcende a faciana artística para contribuír a amosar unha imaxe diferente de Pondal. Nesa liña, Andrés Pazos considera que o disco “é un bon xeito de prenderlle lume a certas etiquetas que de xeito gratuíto algunha persoa coloca os nosos e ás nosas autores e autoras sen ter en conta o contexto histórico e persoal de cada un deles ou delas. Pondal é un machista e Rosalía é todo tristura e unha muller arcaica. Cando afondas nas súas obras, como cando contemplas a ampla obra pictórica de Castelao, dáste de conta de que os galegos ás veces tratamos mal o noso”.
Neste posicionamento acredita Francisco Rodríguez. O do disco “é un camiño útil e de grande impacto. Rompe clixés e estereotipos sobre o poeta, sobre a poesía galega do XIX, e leva a gozar con algo que moita xente pensaba superado e outra mira cos ollos da reticencia e mesmo de desdén... É unha síntese ilustrativa do mundo pondaliano, que, malia as súas contradicións, non é esa caricatura que se quere facer del como racista, machista ou pederasta. Xa se sabe o éxito que teñen entre nós as descualificacións á lixeira sobre valores da cultura nacional, emitidas con máis atrevida ignorancia e mala intención que con rigor e coñecemento de causa”.
Por todo iso, para o profesor ferrolán “un dos maiores acertos e que rechamarán a quen escoite o cedé é que vai atopar co ramiño musical máis variado que seguramente escoitou nunca na música galega”. E, para rematar, insiste en que “todo o traballo foi feito desinteresadamente, por convicción e por persoas que deben partillar as profesións das que comen, con esta dedicación a espallar o valor da nosa poesía clásica, neste caso o de Eduardo Pondal, que ben o necesita”.
Onde mercalo?
O disco, ilustrado por Leandro Lamas, está á venda na loxa da AS-PG e da Mesa pola Normalización Lingüística, alén de en librarías, a un prezo de 12 euros e recolle 15 poemas musicados de Eduardo Pondal. Podes escoitar un tema de balde na loxa da AS-PG.




Los Otros – Afroféminas

Los Otros – Afroféminas



Los Otros

llustración de Edel Rodriguez
Los Otros
Con el tiempo te acostumbras; otro más caído en la calle, baleado por manos machucadas, embrutecidas, ensangrentadas.
Otra más que camina.
Y rauda voy por las esquinas calientes de una ciudad sitiada, armas largas, uniformes que recuerdan otros tiempos, la otra edad del miedo por las esquinas.
Otro más fugado de esta orilla, fisurado, tirando sangre por la boca y ensuciando las impolutas calles que construyeron sus manos, mis manos, las manos invisibles de un tiempo ya ido.
Otras vainas me aturden: un error, una marca, lanzado a carabinazos a otros plano porque en este la bondad se combate a trompa limpia a plomo puro.
El plomazo en la cabeza.
Con el tiempo te acostumbras.
Las machacadas manos: repites como poseída.
Los sueños rotos.
La represión y el chirrido de quienes solo gritan.
El plomazo en plena calle: supurando a través del hueco el pus que producimos, vendemos, reinventamos y regalamos en cada esquina.

Alicia Méndez Medina
Graduada e Arte Dramático, actualmente estudia periodismo. Santo Domingo: “Escribo alrededor y sobre la marginalidad, las desigualdades sociales, el desarraigo, la frontera y el amor. La cotidianidad del barrio de Herrera como referencia de los barrios marginalizados de Santo Domingo un poco conectado con un pasado atravesado por la discriminación racial y el misterio de un pueblo en el sur profundo , que nos habla de lo difusa que pueden ser las fronteras”
Puedes consultar todos sus textos y poemas en https://ameliaynadamas.blogspot.com/

miércoles, 27 de marzo de 2019

Unha viaxe polas vidas de Fernando Pérez-Barreiro Nolla a través da súa poesía

Unha viaxe polas vidas de Fernando Pérez-Barreiro Nolla a través da súa poesía - Praza Pública




Unha viaxe polas vidas de Fernando Pérez-Barreiro Nolla a través da súa poesía

O xornalista, avogado e tradutor Fernando Pérez-Barreiro Nolla (1931-2010) foi tamén poeta. Ao longo da súa vida foi publicando poemas en xornais e revistas, deixando outros en cadernos e papeis sen publicar. Agora todos eles, un total de 37 textos, publícanse no poemario Poemas do carricanto (Espiral Maior), que se presentará este xoves en Ferrol, a súa cidade natal.
Na presentación (ás 19.30 horas no salón de actos do Antigo Hospicio) participará Teresa Barro, escritora e compañeira do poeta; Armando Requeixo, crítico e responsable da edición do libro; Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea no Congreso e editor; o xornalista ferrolán Nicolás Vidal e o concelleiro de Cultura da cidade naval, Suso Basterrechea. O volume conta cun epílogo de Xosé Luis Méndez Ferrín, compañeiro de xeración do escritor ferrolán. Méndez Ferrín remata dicindo: “Fernando Pérez-Barreiro Nolla é un grande poeta do meu tempo. Estou seguro de que seguirá séndoo en todos os tempos futuros da nosa lingua e da nosa estirpe”.
A obra "mestura un cosmopolitismo insólito cun insubornable amor a súa terra", en palabras dos responsables da recompilación e da edición
A obra "mestura un cosmopolitismo insólito cun insubornable amor a súa terra", en palabras dos responsables da recompilación e da edición, que destacan que os 37 poemas -escritos entre 1956 ata 2003- beben de De Rosalía, Cabanillas, Rubén Darío, Carvalho Calero ou Noriega Varela, de William Blake, Yeats, Wordsworth, Dylan Thomas ou Seamus Heaney, e de Zhu Ziqing, Liang Zongdai ou Xu Zhimo. A edición incorpora igualmente unha variada información gráfica que amosa a Pérez-Barreiro ao longo de diferentes etapas vitais en lugares de todo o mundo.
Fernando Pérez Barreiro Nolla naceu en Ferrol en 1931 e faleceu na cidade inglesa de Lancaster en 2010. Foi avogado, xornalista na BBC, tradutor, profesor universitario en Londres e políglota que dominaba unha ducia de linguas, entre elas o chinés. Impulsou numerosas iniciativas que tiveron a Galicia como cerna e recibiu moitos galardóns polo seu labor intelectual, desde o Premio Nacional de Tradución de España, a medalla Castelao, o Plácido Castro, o Pedrón de Ouro ou o premio de Cultura de Diario de Ferrol.
Marchou a Londres en 1963 e xa non regresou a Galicia e, como lembraba Xosé Manuel Pereiro nun obituario publicado en El País en 2010 "quizais fose a súa discreción e ese afastamento xeográfico, que non afectivo nin intelectual, os que impediron que en Galicia a súa figura e a súa obra tivesen o coñecemento que merece". Nos anos noventa exerceu como profesor universitario de tradución na universidade de Westminster e foi este labor de tradutor o que o mantivo en contacto máis directo con Galicia, ademais dos seus artigos en medios como A Nosa Terra ou Tempos Novos. Verqueu a Shakespeare por primeira vez ao galego, en 1972, co Macbeth, e tamén foi pioneiro na tradución de obras chinesas ao galego.
Xulio Ríos, director do IGADI (centro de estudos co que Pérez-Barreiro colaborou nos seus últimos anos) destacaba nun artigo en Praza que "mellor nos iría abandonando os maximalismos de uns e outros e afacéndonos a ese proceder vital do Fernando, encarnación doutra Galicia con outros miramentos, con outros pensamentos, libres pero non individualistas". No seu derradeiro traballo publicado na web do Grupo Galego de Londres, Non abonda coa lingua, sinalaba que "a defensa da lingua, que é tarefa nobre e parte do galeguismo de sempre, desvía a atención da defensa dunha cultura e unha sociedade que sexan igualmente creativas". E concluía que "o resultado terríbel é que, a quen observa a cultura galega, ofréceselle un panorama no que se expresa en galego unha cultura esencialmente española, a española de hoxe, que supón unha enxurrada de modas, modais e modismos da vulgaridade universal".

Fernando Pérez Barreiro Nolla con Teresa Barro Dominio Público Praza Pública
Fernando Pérez Barreiro Nolla Dominio Público Praza Pública

jueves, 14 de marzo de 2019

lunes, 11 de marzo de 2019

Kiki y Guendolin: “un relato de diferencia” – Afroféminas

Kiki y Guendolin: “un relato de diferencia” – Afroféminas



Kiki y Guendolin: “un relato de diferencia”

por Afrofeminas
A la media noche de un día cualquiera, cuando todo es fiesta, por las estrechas calles camina kiki.
Triste,
Estridente,
Diferente y  Estrujado.
 “Hay manita toy harrrta, harta Guendolin, yo no quiero ser peluquera amiga, pero es lo único que puedo hacer, es como si no hubiera más nada para mi, Guendolin estoy siendo minimizada, estoy hartaaa amiga”.
Con una cerveza en la mano, su cuerpo flaco y un bulto de lado, que, en su interior guarda los recuerdos, las caras y palabras de quienes hace mucho se fueron.
Kiki  llora
! Hay lágrimas que liberan!
Risas que marcan, 
Y dedos que señalan direcciones equivocadas.
Es la media noche de un día cualquiera, cuando todo es fiesta: kiki   llora  esas verdades atragantadas, las escupe con el tufo a cerveza  y el dolor que las atraviesa.
 Y la siempre gana de ser,  
Volar, volar, volar…
“Guendolin, yo quiero volar, volar, no nací para peluquera amiga, pero, y de que vivo? a mi me gusta el chupe Guendolin: andar bella, regia, arrolladora y volar”.
Con una cerveza y otra más ,  hasta muy de madrugada, kiki  necea: mete la mano en el caldero al friturero, el chimi lo alborota, con la escoba el chino lo barre y los tigüeres le vocean, 
Lo molestan y cada tanto su galleta. 
Cuando amanece vuelve a la peluquería.
En las madrugadas de la zona industrial , madrugadas que por a bajito queman,  el silencio de guateque,  que entraña otros movimientos , otras jugadas: festines  para noctámbulos en el barrio de los obreros y  kiki zigzagueando en el explosivo amanecer  con sus recuerdos, aspiraciones  y  sensaciones a medias.
 Bebe, vocea y grita.

Alicia Méndez Medina
Graduada e Arte Dramático, actualmente estudia periodismo. Santo Domingo: “Escribo alrededor y sobre la marginalidad, las desigualdades sociales, el desarraigo, la frontera y el amor. La cotidianidad del barrio de Herrera como referencia de los barrios marginalizados de Santo Domingo un poco conectado con un pasado atravesado por la discriminación racial y el misterio de un pueblo en el sur profundo , que nos habla de lo difusa que pueden ser las fronteras”
Puedes consultar todos sus textos y poemas en https://ameliaynadamas.blogspot.com/