lunes, 16 de mayo de 2011

MAREANDO AS NOSAS LETRAS

Ártabra 21: Galería Fotográfica do Acto de Lefre de Caldereta: "Mareando as Nosas Letras 2011" - Paseo Marítimo: "Poesía e Música do Mar"
Foi un dia realmente "de domenica". Popular, explendoroso. Xente
diversa, mulleres, homes, nenos, raparigas e raparigos, enchían o peirao
onde atracaba a lancha. Un sol radiante e ventoso nordes, limpando o
ceo como un enorme campeiro de herba azul. E era a poesía a que nos
convocaba, non o rendible, o interes investidor, algo partidario, non, a
poesia. E unha vez mais a poesia en Ferrol volvia a ser protagonista
nun lugar publico, e todo xurdindo de abaixo. Nada de luxosas
convocatorias institucionais, non, iniciativas populares. Algo esta
sucedendo e esta nosa cidade dobrada, cidade lumbalxia, algo esta
sucedendo que nos enche de esperanza, de dignidade, de resistencia e
risa.
-- Galería Fotográfica do Acto de Lefre de Caldereta: "Mareando as Nosas Letras 2011" - Paseo Marítimo: "Poesía e Música do Mar"
,
Celebrando as Nosas Letras 2011(omareonosopatrimonio)
No peirao tivo lugar primeiro, ás 12 do mediodía, deste Domingo 15 de Maio de 2011, un recital poético onde interviñeron: Antón Cortizas, Guillermo Ferrández, Karlotty, Xosé Leira e Xurxo Souto.
Despois un paseo marítimo pola Ría de Ferrol, coa música e cancións de, Manolo Bacallao, María Manuela e Xurxo. Antón Varela foi o gaiteiro abordo. A xente d'A Revolta, xa dun xeito máis "informal", cantou o seu repertorio de cancións mariñeiras.
Foi unha xornada de Poesía e Música do Mar.
Foi unha xornada na defensa da nosa Cultura Mariñeira.
Varias embarcación e "O Ría de Ferrol" acompañaron a tarvesía.
Embarcados nun Cantar: Reparteu-se un folleto con letras de cancións mariñeiras.
Galería Fotográfica do Acto: "Mareando as Nosas Letras 2011"





Fotos de Suso Pazos - Susete'70.
Álbum recopilatorio de Suso Pazos
Celebrando as Nosas Letras en Ferrol Terra:
"As nosa Letras 2011 - Lembrando a Lois Pereiro"


Powered by ScribeFire.