viernes, 25 de abril de 2008

POESIA ENCARNADA, Gracias

É absolutamente imprescindible facer publico o agradecemento a todos os que participaron nesta semana Salvaxe de Poesia Encarnada. Aos que nos axudaron a facer realidade: Maxi e Dani, a súa amabilidade e disposicion, a súa logistica de barricada, a inmediatez das súas solucións, fixeron posible a actitude xenerosa dos poetas. Estes, empezando por Marcos Lorenzo, xestor municipal escelente, poeta e amigo, todo un luxo no proceso de materializacion e conclusion do proxecto. Maria Lado, Lucia Aldao, Victor M. Diez, David gonzalez, O Leo, Estevo Creus, carlos Franco,e Carlos Oroza e Carlos Rivas, todos, connosco incluídos, gozamos dunha polifonia de voces libres, tenras, rabiosas, xenerosas, insurrectas, irredentas, ousadas e valentes que hau feito destes dias un acontecemento cidadán cuxa transcendencia, cremos, escápallenos. Grazas a todos pola salvaxe poetica da vida que nestes dias fíxose patente, en voo rasante e solidario.

jueves, 17 de abril de 2008

La poesia en la calle, poesia salvaxe, poesia de tu a tu, con el alma en los dientes




sacado de la VOZ DE GALICIA

CRÓNICA Versos de Valente y Octavio Paz, de Novoneyra y Vallejo, para una primavera de Ferrol hecha de lluvia y de viento
La Semana da Poesía Salvaxe saca a la calle la literatura
Autor:
Ramón Loureiro

En el palco de la música del Cantón de Molins, escenario acostumbrado de todo tipo de conciertos, gracias a la megafonía y al entusiasmo sonaban ayer bien alto y al aire libre los versos. Sucedió ante medio centenar de espectadores, que aplaudieron repetidamente el nacimiento de la Semana da Poesía Salvaxe, convocada bajo el lema A palabra encarnada .
Fue a los pies del edificio del antiguo Gobierno Militar, hoy sede de la Fundación Caixa Galicia. Es decir, frente a una construcción del color del cielo que también sirvió de instituto de segunda enseñanza durante un tiempo en el que Gonzalo Torrente Ballester enseñaba allí, entre sus paredes, las cosas de las letras. Las voces las pusieron dos de los principales impulsores de la Semana Salvaxe, los también poetas Guillermo Ferrández y Juan Carlos Valle, Karlotty . El caso es que la tarde de primavera -tiempo, ya se sabe, muy dado a la métrica- era ayer en Ferrol de mucho viento. Y pocos minutos después de comenzar el recital, tanto moverse el aire trajo las nubes del mar, y comenzó a llover con cierta insistencia. Lo que no impidió, así y todo, que el recital prosiguiese.
Ferrández y Karlotty fueron leyendo, alternativamente, versos de José Ángel Valente, de Octavio Paz, de César Vallejo. También de Uxío Novoneyra, aquel («¡Courel das altas cumes...!») que abría la ventana para mirar a través de ella, prestando los ojos al misterio, para que pudiese contemplar el paisaje el amigo muerto.
El lugar elegido por los ferrolanos para comenzar la Semana da Poesía Salvaxe no podría ser, juzguen ustedes mismos, más literario de lo que ya viene siendo desde hace mucho tiempo. Además de seguir vivos allí los ecos de Torrente, del ganador del Premio Cervantes, del autor de Dafne y ensueños , a quien uno tiende a invocar constantemente, también sigue andando por entre los árboles de la alameda la sombra de Wenceslao Fernández Flórez, al que en aquel mismo sitio tiraron al agua del estanque cuando Ferrol aún era, como casi todo, en blanco y negro.
La Semana da Poesía Salvaxe continuará ahora hasta el sábado con la presencia, entre otros poetas, de Camilo Franco, Estevo Creus y Carlos Oroza, que recitarán sus propios versos.

sábado, 5 de abril de 2008

ferrol, semana de poesia salvaxe


A PALABRA ENCARNADA

I SEMANA DE POESÍA SALVAXE DE FERROL

16, 17, 18 e 19 de abril de 2008

Unha semana que son catro días. Unha semana de axitación poética na que dez artistas percorrerán as rúas, prazas, mercados e capelas da cultura de Ferrol, megáfono en man, para elevar a voz ancestral da poesía sobre o ruído cotián, para reivindicar a forza da oralidade sobre o texto domesticado.

Importa a emoción compartida, importa a potencia expresiva, e importan ambas por enriba de todo estilismo, fronteira ou disciplina. Por iso a nosa semana incorpora o ouveo, a carnalidade, o ritmo e a imaxe nun mix que só persigue a confusión. Porque xa se sabe: da confusión e a calor brotaron as formas elementais...

1. PROGRAMA.-

GUILLERMO FERRÁNDEZ E CARLOS GONZÁLEZ (“KARLOTTY)

mércores 16 de abril, 18:30 horas, Quiosco do Cantón.

GUILLERMO FERRÁNDEZ

Naceu en Ferrol, no barrio do Inferniño (Ferrol), en 1951. A dureza heroica do gris naval e a alma xeométrica da cidade marcaríano para sempre. Marchou. Volveu. Escribiu as novelas Conacho, La piedad del invierno, e o seu poemario Las arrugas del tiempo, para que o pasado deixara de amolalo. Máis tarde dedicoulle á súa infancia un estudio sobre a fala local para que o seu corazón puidera pensar a doce amargura da infancia. Agora dá clases de lingua española no instituto Marqués de Suanzes e a súa única preocupación estética, ética e monotemática é o desarraigo...

CARLOS GONZÁLEZ (“KARLOTTY”)

“La pobreza de la posguerra es el territorio de mi infancia, territorio ilimitado donde la escasez alimenta la abundancia de los sueños. La aldea gallega, mi patria, que me hará para siempre, mas que cosmopolita, habitante de la lumbre y de sus voces. Emigraciones sucesivas y tempranas: Maside, Valtuille, Lugo, Ferrol, donde después de cuarenta años, regreso y habito, Valladolid , asentamiento duro y duradero donde la Poesía y la Amistad, levantan para siempre sus coordenadas, cruzadas por las Derrotas y los Regresos: Yugoslavia, Italia, Iran, Afganistan, India, el Circo Moira Orfei...
Y mis poemas se vuelven la parte destilada de las astillas de los días. Revistas de Poesía y proclamas, siempre bajo el sigo de la Bendita Mala Suerte y de las Barricadas Clandestinas:
Hebe, Pavos Reales, Haz y Envés, Pliegos de Cordel Vallisoletanos, Cuadernos Leoneses de Poesía, Un Ángel Mas, El signo del Gorrión, Barrio de Maravillas, y libros y antologías: Todos de Etiqueta, Esto Era y no Era, Un Golpe de Dados, Los Infolios, y Todos los Jueves Salvo la Luna”.

MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO

mércores 16 de abril, 23:00 horas, pub Cazadores.

MARÍA LADO

Comezou a escribir entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte, onde participou de diversas antoloxías poéticas. Como poeta ten publicado A primeira visión (Letras de Cal, 1997), casa atlántica casa cabaret (Xerais, 2002) e berlín (Concello de Santiago – El Correo Gallego – AELG), poemario que conta tamén cunha edición dixital en formato audiolibro, recitado pola autora e musicado por Fanny e Alexander (Regueifa Plataforma, 2007). Na actualidade agarda pola edición de nove, premio Avelina Valladares no 2007.

Xunto coa poeta Lucía Aldao presenta Onde estea un cubata que se quite un soneto, lema baixo o que achegan ao público unha peculiar posta en escena do recital poético.

LUCÍA ALDAO

Nada en A Coruña no 1982. A súa obra aparece en diferentes publicacións periódicas así coma en antoloxías entre as que destacan O Trazo Aberto (2002), Negra Sombra (2003), Sempre Mar (2003), Os Gozos e as Sombras (2005), Plantando Libros (2006), ou Poética da Casa (2006). Dende os seus inicios participou en multitude de recitais por toda a nosa xeografía, e últimamente continúa a facelo, a xeito de espectáculo poético, xunto a poeta María Lado. Como cantante, leva dende o 2004 ofrecendo concertos por toda Galicia nos escenarios máis variados. No seu último proxecto musical, alDDao, aborda a música electrónica aportando a voz ás bases do músico madrileño Diego Delgado.

VÍCTOR DÍEZ

xoves 17 de abril, 12:30 horas (PM), Rúa Real e Praza de Amboage.

Poeta. Nacido en León en 1968. Entre as súas obras publicadas encóntranse títulos como Evaporado va, Oído en tierra, Voz fuera de campo, Ser no representable ou Circo varado. Sempre ligado á escrita, colaborou en diferentes diarios como columnista, así como en revistas literarias, festivais de cine (como SEMINCI), catálogos de pintura ou guías de viaxe. É coñecido polos seus traballos como poeta de acción, con músicos (SIN RED, cuarteto de improvisadores), grupos de teatro e, en xeral, como axitador cultural e creador de proxectos estéticos contemporáneos.

DAVID GONZÁLEZ

xoves, 17 de abril, 21:00 horas, Capela do Centro Cultural Torrente Ballester

San Andrés de los Tacones: 1964: Dirixe a colección de poesía Zigurat: Os seus poemas foron traducidos ao inglés, alemán, portugués, húngaro e árabe: Representou a España no I Festival Internacional de Poesía de Santo Domingo: Os seus dous últimos libros editados son: En las tierras de Goliat (Baile del Sol Ediciones, 2008) e Algo que declarar (Bartleby Editores, 2007): As súas últimas antoloxías son: HankOver (Caballo de Troya, Mondadori, 2008) e Once poetas críticos en la poesía española reciente (Baile del Sol Ediciones, 2007): Para maior información: www.davidgonzalezpoeta.com/

CAMILO FRANCO (acompañado por MAGÍN BLANCO)

xoves, 17 de abril, 21:00 horas, Capela do Centro Cultural Torrente Ballester

CAMILO FRANCO

Ourense, 1963. Para evitar problemas co sexo e coa tradición quixo ser bebé probeta, pero os seus pais opuxéronse violentamente. Deambulou por varias institucións educativas tras ser expulsado dun colexio relixioso aos dez anos. Incorporación proletaria antes de descubrir que para escribir piden menos titulación que para camareiro. Desemboca en actividades tan furtivas como a crítica teatral e a espóradica publicación de libros de relatos breves (A lúa no cénit, En malos pasos, Por conto alleo, Palabras Contadas). Fáltalle sensibilidade para ser poeta e por iso simpatiza máis cos salvaxes. Como non puido ser rockandroll star, tenta infiltrarse en todo canto hai e desfógase nas parodias elementais advertindo que a melancolía pode matar e que a palabra é para quen a traballa.

(Camilo é quen recita, acompañado á guitarra por Magín Blanco)

O LEO

venres, 18 de abril, 12:30 horas (PM), Mercado da Praza de España

Naceu en 1974 en Vigo e é de Matamá. Marchou coa maioridade para Compostela e alí comezou a escribir e a facer cancións e teatro. En 1998 publica o seu primeiro disco, Suspiros de Kaña, e abre a Xira Galega de Albert Pla de finais do 97 e comezos do 98.

Nos anos seguintes actúa e escribe música para o teatro nas compañías Matarile Teatro, A Factoría Teatro e Berrobambán.

En 2005 abre o blog haicu.blogspot.com, onde comeza a publicar poemas en forma de haicu en galego. A editorial Xerais tirou do prelo en novembro de 2007 a escolma de poemas do blog homónimo Hai cu, candidato no apartado de poesía aos premios da Asociación Galega de Escritores de 2008. A partir de decembro do ano pasado vén presentándoo por toda Galicia dentro dun autodenominado Espectáculo Multimerda, Hai cu. Pintadas no báter.

ESTEVO CREUS

sábado, 19 de abril, 12:30 horas (PM), Mercado da Magdalena

(Cee, 1971) ou a pregunta é anda?. Seguidor da SUFATO e do seu voceiro na terra: inseminario.blogspot.com. Admirador fundamentalista de Marcos: o asesor nenodios, e da súa obra Liquidación de Existencias.

Ten publicados os seguintes libros: Poemas da Cidade Oculta, Edicións Xerais de Galicia (1996); Areados, Premio Miguel González Garcés. Deputación da Coruña (1996); Teoría do Lugar, Edicións do Castro (1999); O Libro dos Cans. Poemario gráfico de Retagarda Edicións (2000); Decrúa, Edicións Espiral Maior (2003); e o libro – videocreación con David Creus: Facer merzbau, Non Ou edicións (2007). Publica os relatos: E a catro patas quilómetros (1994) e Alguen Matou a Bambi (1996). Defínese. Fin ou a pregunta é faise?.

(Estevo é o peludo)

2. CARLOS OROZA.- (acompañado por CARLOS VILAS)

venres, 18 de abril, 21:00 horas, Biblioteca Municipal Central

A nosa semana pica como a pementa e sabe a sorpresa. O inmenso Carlos Oroza, acompañado do seu “arquitecto escénico” Carlos Vilas, concédennos a presentación mundial, en rigorosa exclusiva, do seu novo espectáculo poético intitulado Donde la noche da la mano al día.

CARLOS OROZA

Viveiro – Lugo, 1931. Cofundador, en Madrid, da revista Tropos e integrante, posteriormente, do movemento “beat”. Foi Premio Internacional de Poesía Underground e vive en Vigo desde 1980.

Publicou os libros Eléncar (Madrid, 1974), Cabalum (A Coruña, 1980), Alicia (Madrid, 1985), Una porción de tierra gris del norte (1996), En el norte hay un mar que es más alto que el cielo (Valladolid, 1997) e La llama prestada (Lisboa, 1998).

CARLOS VILAS

Licenciado en Filosofía, en 1991 abandona o ensino para dedicarse á pintura. Desde 1998 colabora de xeito permanente co poeta Carlos Oroza, ocupándose dos espacios escénicos. Entre outras montaxes, é o responsable da arquitectura escénica do video – poema Cabalum, presentado no acto inaugural do MARCO (Vigo).

Como pintor, tuvo exposicións permanentes no C.F.V. (1998 – 2000) e na Galerie Hammer (Alemaña).

3. JAM SESSION POÉTICA.-

sábado, 19 de abril, 19:00 horas, Capela do Centro Cultural Torrente Ballester

A semana concluirá o sábado 19 de abril cunha jam session poética conducida por Manolo Cortés, na que participarán todos os poetas pretéritos e na que trenzaremos palabra, música e videocreación. E polo medio, apoiando o barullo, dous mozos cineastas e ferroláns (Rubén Coca e Pablo Portero) gravarán e gravarán cos seus dispositivos de vídeo para un tempo despois devolvernos a súa mirada sobre evento tan extravagante.

MANOLO CORTÉS

Vilardevós, 1966. Estudios de Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Segue cursos e seminarios de especialización en literatura galega e traducción.

Iníciase no teatro dentro do grupo Chévere.

Membro fundador do colectivo de creación poética Ronseltz, participando en todas as actividades promovidas polo grupo.

Individualmente é autor do libro A rutina é o deber de todas as criaturas, editado por Edicións Positivas, 1997.

É traductor ao galego desde o castellano, catalán, francés e portugués.

Participou como actor en varias produccións de cine e televisión.

No ano 1998 intégrase no equipo de producción da Nave de Servicios Artísticos - NASA, de Santiago de Compostela.

RUBÉN COCA

Guionista, director e músico ferrolán, director de videoclips e curtametraxes. Premiado en diversos festivais de cine, entre eles Mención especial do xurado no III International Short Movie Festival de Campobasso (Italia) con Notamotof, e 1º premio á Mellor curtametraxe de cine de Galicia nas XVIII Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia Xociviga 2001 con El fruto del tedio. Nominado pola Academia Galega do Audiovisual á Mellor obra experimental 2007 por Ecos.

PABLO PORTERO

Ferrol, 1977. Escritor que transitou cara o audiovisual como guionista, despois de ter publicado o seu primeiro relato con tan só 17 anos, tras gañar o Premio Los Nuevos de Alfaguara en 1995.

Desde 2001 realizou guións para videos corporativos, anuncios publicitarios e curtametraxes. Profesor de guión audiovisual para a Rede de Centros Culturais do Concello de Santiago de Compostela, onde traballa desde 2005, Pablo Portero desenvolve o seu traballo como profesor, analista de guión, e presidente da asociación cultural axentecultural, sen desvincularse da súa auténtica profesión, relacionada dun ou doutro xeito coa escritura.

ferrol, semana de poesia salvaxe

LA POESIA ENCARNADA, en la calle,
del 16 al 19 de abril, en Ferrol, 2008