poesia en la calle, desde la calle, la palabra tomando la palabra, la palabra es lo unico que sigue siendo de todos pero sobre todo alcanza su maximo poder en boca de la pobreza. La poesia es nuestra arma favorita. Los poetas, nuestros destiladores magnificos.
miércoles, 27 de febrero de 2019
OS PEREGRINOS - Canto Peregrino [Official]
Cando un persoeiro como Charlie Mysterio (Los Caramelos) toma contacto cunha cidade como Ferrol solo poden ocorrer cousas boas. Unha delas foi a canción “Vello Ferrol”, incluída no seu disco publicado por Elefant Records “Canto Peregrino”, baixo o seudónimo de Os Peregrinos, proxecto conxunto co bardo fenés Roger de Flor. Foi este último precisamente quen se encargou de dirixir esta nova peza audiovisual, rodada nalgunhas da rúas e lugares máis singulares da cidade. Un traballo no que colabora o concello de Ferrol e que ademais conta coa participación dalgunhas personalidades do mundo cultural ferrolán, como poden ser a actriz Desiré Pillado, a cantautora Amparo Arias ou o xornalista e tamén músico Nicolás Vidal, entre outros. Unha obra suxerente, inspiradora e singular que non deixará indiferente a ninguén. Este próximo venres 1 de marzo estrease no C.C Torrente Ballester, unha ocasión única para gozar desta peza nunha pantalla xigante, ademais de desfrutar do concerto acústico que Charlie e Roger ofrecerán despois da proxección, algo que non ocorre a miúdo debido á distancia que os separa nas súas respectivas vidas. ¿Ídelo perder?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario