domingo, 13 de marzo de 2011

jueves, 10 de marzo de 2011

SIGUIENDO TÚ RASTRO

RASTREOS POR MIS LINDES

Quinto rastreo

Desde cuándo he sabido húmedamente
Que guarecidos de la lluvia
Todos estamos siempre solos
A ninguno aunque tenga
En esa hora compañía
Le esta dado entregar
Ni siquiera una parte de sí mismo
A nadie que no sea
Su señora la lluvia

Pero esta vez absorto como siempre
En su inspirada arritmia
Vuelvo a perderme en el vaho sonámbulo
De los días primeros del umbral
De los días de antes de los pasos cautivos
Días de la emoción desamparada
Y el pensamiento boquiabierto
Días en que se incuba el rumbo

Y la lluvia llegaba siempre
A la hora esperada
El cielo se iba obsesionando
Con sus negras ideas
Iba tapando más y más aprisa
Sin entrar en razón
Todas sus brechas claras
Como si toda luminosidad
Fuese una disidencia
Y ya intratablemente enfurruñado
Estallaba de pronto en un relámpago
Como el espasmo cegador de un éxtasis
Y el derrumbe del trueno nos llegaba
Rodando ya sobre la vasta lluvia

Y yo era el prisionero soñador
Tras esa rauda reja entrecortada
Puesto a recaudo para no evadirme
De mi paciente cometido
De estar callado contemplando el mundo
Para írmelo comiendo con los ojos

Y ahora vuelvo a estar rendido
Ante la larga lluvia para persuadirme
De que mi soledad fue siempre ésa
Soledad habitada tras una reja cómplice
Soledad guarecida pero no defendida
Pues cobijado bajo algún alero
Yo no me enemistaba con la lluvia
Estaba junto a ella respirando su aliento
Rehuía sus aguas pero no su intemperie
Y era el mismo mi ánimo cuando seguía en seco
Cuchicheándonos la lluvia y yo
Y cuando me exponía
Como en el sacrificio feliz de un iniciado
Al pálido bautismo acribillado
De sus líquidos dardos
Dulzura refrescante que era el fiel complemento
De la brumosa gruta de las ensoñaciones

Siempre fue así la soledad amiga
La que no tiene de rencor un grano
La que no tiene cosa de la que vengarse
Taciturna sin queja y sin gemido
Pensativa con gusto y saboreo
Guardiana de una única herida grande y dulce
Toda ella de amor y de obediencia
La que no tiene nada que oponerme
Cuando me quedo inerme y guarecido
Viendo caer la lluvia sin pensar hasta cuándo.



24-25 jun. 2010

as voces, as cousas...de Finita

O piano

Outra vez o piano. Helena apagou o televisor e ficou queda, termando das pernas coma se tivese medo de que votaran a correr sen o seu permiso. Dende facía un mes, tódalas noites á mesma hora, aquelas notas baixaban polas escaleiras e inundaban a quietude do aire do salonciño de estar. En todos aqueles anos que levaba vivindo na capital nunca sucedera nada que rompera ca rutina do día a día. Era ben sinxelo, da casa para o traballo, e do traballo para a casa. Algunha vez, un café cas compañeiras, que seguían a ser unhas verdadeiras descoñecidas a pesares do tempo que compartía con elas. Pero aquela música, aquel son que rompía a súa monotonía, imprimía naquela pel cincenta invernal un toque de cor. Deixouse caer cara un lado e pechou os ollos para disfrutar daquel intre, sabía que ás once remataría, e non quería perder nin un só segundo. Deixou, por unha vez, voar a imaxinación. Púxolle corpo a esa sinfonía que tanto a facía gozar, púxolle ollos, uns ollos tan verdes que a mesma natureza podería sentir envexa de tanto que relucían. Pensou que ben podería namorarse, se atopara un home así. Maldita imaxinación, ás veces xogáballe esas malas pasadas. Quizá era unha muller. Si, tiña a metade de posibilidades de que fose outra solteirona coma ela, amargada por aquela soidade que envolvía o seu pescozo cunha soga de loucura. Outra de tantas, sen vida, sen máis vida co traballo, sen home, sen nenos que berran na casa facendo que treman ata os cementos.
Un par de bágoas escaparon a correr dos seus ollos, ca presteza dos que se fugan do cárcere, e resbalaron por aquelas meixelas que nos seus bos tempos chegaron a semellar cereixas. Entón, prendeu de novo o televisor, non quería escoitar máis música, xa lle daba igual. O único que acadaba era poñerse triste, e lembrar todo o que non tiña. Deúlle máis voz, pero seguía a oíla. Decidiu, que o mellor era ir para a cama. Alí, na outra punta da casa, de segures que non a sentiría. Pero Helena equivocouse. Non había maneira de que calara, de que o silencio voltará a inundalo todo, de acadar a calma que necesitaba. Deu unha volta, deu outra, e ca mesma escondeu súa cabeza baixo a almofada nun derradeiro intento de desaparecer daquela situación que estaba a amolala. Pero non había maneira. Ergueuse, e foi cara a entrada. Xa atopara a maneira de arranxar aquel problema: o Mp3. Revolveu dentro do bolso, pero non apareceu, mirou en cada caixón, en cada estantería, en cada recuncho que se lle ocorreu, pero o aparello non apareceu por ningures. Era cousa do demo, tiña que selo, porque senón, qué podería explicar aquela desaparición repentina. A súa face comezou a ferverlle, o seu sangue un poldro correndo a toda velocidade tras fuxir do cubil. Non o pensou. Logo co tempo recordaría aquel intre con ledicia, pero agora non quería pensar. Aquel maldito piano tiña que calar, costase o que costase. Correu escaleiras abaixo, purrando contra aquel anxiño que lle dicía que aquilo non estaba ben, pelexando por non escoitar ás súas pregarias. Estampou os cotenos contra a madeira, sabedora de que aquela feble melodía da campaiña non surtiría o efecto desexado. Tocou unha vez, e deseguida outra, e outra, a súa paciencia rebulía dentro de si, amenazandoa con fuxir, cando de súpeto a música deixou de sonar. Uns pasos febles fóronse achegando, mentres na cabeza de Helena andaban a bulir as verbas que lle ía chuspir a aquel, ou a aquela...


A porta abreuse de súpeto, e todas as palabras que Helena levaba preparadas, fuxiron co vento. Non había ollos verdes, pero sintiu que aquilo xa non tiña nin gota de importancia. Ese sorriso ben era capaz de deter calquera guerra. Todo acontecía apresa, o tempo apuraba tanto que a moza nin se decatou que só levaba posto aquel pequeno camisón que lle deixaran os reises. Dáballe igual, non quería ir a ningún outro lugar que non fose aquel. Mentras saboreaba o café, imaxinaba aqueles beizos apoiados nos seus, aquelas mans apertandoa xunto del. Fitaba de reollo aqueles ollos da cor da mel e antollábaselle que podía verse reflexada neles. Escoitaba con ledicia cada unha das verbas que volaban pola habitación coma se fosen volvoretas, e que anidaban no seu estómago sen pedirlle permiso. Un soño. A Helena pareceulle que estaba a vivir un, e peliscouse un pouquiño para ter esa certeza, que nunca se ten, ou nunca  é suficiente.
Él estaba a pensar no mesmo. Casualidade ou destiño. A verdade é que non lle importaba demasiado, que non lle preocupaba ren. Só pensaba naquela  moza que aparecera, medio núa, na porta da súa casa. Fermosa, altiva, despedindo erotismo por cada un dos poros da súa pel. Non quería arredarse dela, as súas mans agachaban aqueles dedos que bulían por deleitarse tocando aquel corpo. Estaban acostumados a elo, a acariciar a fermosura, a interpretar eses sons mudos que viven no aire. Pero tiña medo, e o medo é mal amigo, mal compañeiro de xogos, por iso intentou arredalo del.  Xaquín sabíao. E Helena, tamén.
O medo, mentras tanto, ríase coma un diaño. Non era para menos. Acariciaba as súas facianas, e eles, só podían disimulalo con algún xesto patético, case que divertido, senon fose porque a situación non o requería. Paralizaba os seus menbros ó seu antollo, convertíndoos en títeres animados. Só lles quedaba unha saída: vencelo. Así que, Xaquín ergeuse da butaca e foi sentar ó lado de Helena., e ela arredouse un anaco para facerlle sitio. Os pezóns erguidos apuntaban directamente ós ollos do rapaz, e él deleitabase imaxinando o pouco que aquela tela deixaba para a imaxinación. O sangue comezoulle a ferver nas veas, a ansiedade bulíalle baixo o pantalón a espera de poder saír. Entón sentiu o seu alento no pescozo, a língua percorría pequenos anaquiños de mapa, para non perder nin unha soa daquelas marabillosas paisaxes. Creu morrer. Entregouse ó placer daqueles beizos que lle facían tocar o ceo, daqueles ollos que o fitaban como se nunca antes houberan fitado. E ela, mansiña coma un regato, deixou que aqueles dedos volveran a tocar aquela melodía tan ben aprendida. Volveu sentir a música, volveu a sentir aquela sinfonía que lle recorría o ser, que a facía laiar coma nunca o fixera antes.