miércoles, 27 de febrero de 2019

OS PEREGRINOS - Canto Peregrino [Official]







Cando un persoeiro como Charlie Mysterio (Los Caramelos) toma contacto cunha cidade como Ferrol solo poden ocorrer cousas boas. Unha delas foi a canción “Vello Ferrol”, incluída no seu disco publicado por Elefant Records “Canto Peregrino”,  baixo o seudónimo de Os Peregrinos, proxecto conxunto co bardo fenés Roger de Flor. Foi este último precisamente quen se encargou de dirixir esta nova peza audiovisual, rodada nalgunhas da rúas e lugares máis singulares da cidade. Un traballo no que colabora o concello de Ferrol e que ademais conta coa participación dalgunhas personalidades do mundo cultural ferrolán, como poden ser a actriz Desiré Pillado, a cantautora Amparo Arias ou o xornalista e tamén músico Nicolás Vidal, entre outros. Unha obra suxerente, inspiradora e singular que non deixará indiferente a ninguén. Este próximo venres 1 de marzo estrease no C.C Torrente Ballester, unha ocasión única para gozar desta peza nunha pantalla xigante, ademais de desfrutar do concerto acústico que Charlie e Roger ofrecerán despois da proxección, algo que non ocorre a miúdo debido á distancia que os separa nas súas respectivas vidas. ¿Ídelo perder?

No hay comentarios: