Juana de Ibarbourou_Docencia
Juana de Ibarbourou_DOCENCIA é Premio “Luisa Villalta” de Proxectos Culturais pola Igualdade.Deputación PROVINCIAL de A Coruña- Dirixe: Marina Oural
- Produce: aCentral Folque
Juana de Ibarbourou_DOCENCIA é un proxecto artístico-educativo aberto á participación de calquera persoa interesada na experimentación con poesía, danza, música e creación escénica fundamentado na escritora uruguaia de ascendencia galega Juana de Ibarborou (1892-1979) que vén de ser galardonado co I Premio “Luísa Villalta” de Proxectos Culturais pola Igualdade das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña.
Juana_Docencia nace da performance Juana de Ibarborou_Inspiracións (2017), a cal integra no guión textos de escritoras de diferentes séculos (Rosalía de Castro, Juana de Ibarborou, Marina Oural). Conta en escena con Marina Oural (poesía e voz), Irene Álvarez Coto (danza) e Chefa Alonso (música), tres mulleres de diferentes xeracións que lideran as súas parcelas artísticas baixo a dirección escénica de Mónica Cofiño.
Partindo dun espectáculo nacido desde unha visión contemporánea, estas catro creadoras abren unha xanela á participación e experimentación artística a través de catro obradoiros abertos que se desenvolverán en abril de 2018 para aprender e vivenciar como e desde onde as escritoras crean. Un dos bastións fundamentais deste proxecto de arte e educación sitúase no ecofeminismo: alén do propio corpo, unha das principais ferramentas escénicas coas que se traballa nos obradoiros son as fabas de Lourenzá (localidade de orixe da familia de Juana de Ibarbourou e lugar de nacemento da directora do proxecto, Marina Oural). A semente ‘galaica’ sobe desde a terra para a escena nunha viaxe imaxinaria para entroncar coa forza da arte desde a creación e a diversidade de mundos posibles compartidos. O pequeno é grande identificado aquí na agricultura sostible e de proximidade que se tenta fomentar cun sentido de conservación do rural e implicación da súa poboación. Preténdese, na fin, sumar enerxía e voces que desde unha perspectiva de xénero liguen a arte como ferramenta de construción dun futuro máis xusto para os seres humanos independentemente do seu xénero.
Juana_Docencia rematará cunha posta en escena en palco, resultado do proceso saído das residencias artísticas, o vindeiro domingo 29 de abril no Auditorio Municipal de Vimianzo. Nesta representación estarán integrados na obra diversos achados artísticos xurdidos da experiencia dos obradoiros desenvolvidos nas semanas previas.
Cantos e como serán os obradoiros?
Serán tres sesións de traballo artístico colectivo e interdisciplinar de 12 horas en total.
Dúas das sesión, de 4 horas cada unha, están abertas á participación das persoas inscritas, a terceira de 4 horas é para traballo interno do equipo docente.
O número máximo de participantes por obradoiro é de 15 persoas.
A cada participante faráselle entrega de material didáctico con código QR que dará acceso a contidos multimedia.
A poesía, a danza, a música e a creación escénica son os piares que guiarán as aulas.
Quen son as facilitadoras?
- Chefa Alonso. Compositora, saxofonista e percusionista.
- Mónica Cofiño. Directora escénica, bailarina e performer.
- Irene Álvarez Coto. Bailarina e fisioterapeuta.
- Marina Oural Villapol_MOV. Poeta e performer.
Onde e cando serán os obradoiros abertos ao público?
RIANXO. Auditorio Municipal
Venres 13 (17h-22h) e sábado 14 (16h-20h) de abril.
OLEIROS. Centro Cultural A Fábrica
Venres 20 (16h-20h) e sábado 21 (16h-20h) de abril.
ORTIGUEIRA. Teatro da Beneficiencia
Luns 23 (16h-20h) e martes 24 (16h-20h) de abril.
VIMIANZO. Auditorio Municipal.
Venres 27 (16h-20h) e sábado 28 (16h-20h) de abril.
Cales son as condicións para participar?
A participación nos obradoiros é completamente gratuita. Só é necesario inscribirse previamente.
Os obradoiros de Juana_Docencia está abertos a todos os públicos e non se esixe ningún tipo de formación previa para participar se ben se priorizará a participación activa de mulleres, adolescentes e de docentes e artistas das diferentes especialidades: música, poesía, teatro, danza, circo, artes plásticas…
É imprescindible que a persoa participante especifique na inscripción que recurso quere traballar no obradoiro: corpo, texto, voz, instrumento, interpretación…Pódese participar desde varias especialidades á vez, só é preciso enumeralas no momento de reservar a praza. Se es música ou artista plástica é imprescindible traer o material necesario da túa especialidade: un instrumento musical ou un obxecto sonoro, pinceis e pinturas, etc.
Priorizarase a participación das persoas censadas nos concellos participantes.
Como inscribirse e onde?
Chamando por telefono ou escribindo aos enderezos electrónicos das áreas de cultura de cada un dos concellos. Reserva xa a túa praza.
- RIANXO. Tlf: Auditorio de Rianxo 981 100 688 (ext.1). Polas mañás // cultura@concelloderianxo.gal
- OLEIROS Tlf: Dpto. Cultura 981 610 000 // cultura@oleiros.org ou r.caparros@oleiros.org
- ORTIGUEIRA Tlf: 981 400 000 Dpto Cultura. Polas mañás // mlopez@concellodeortigueira.com
- VIMIANZO Tlf: 981 717 288 (Casa de Cultura) // cultura@vimianzo.gal
Fue nombrada oficialmente por la UNESCO en 2014 ciudad miembro de la red de ciudades creativas en la categoría de Literatura. De hecho, fue la primera ciudad de literatura en lengua española en obtener esta designación. El proceso se inició en 2009 por e ayuntamiento de Granada con la colaboración del Centro UNESCO de Andalucía y diversas instituciones públicas y privadas. Granada se integró a un selecto grupo internacional formado por Edimburgo, Dublín, Cracovia, Reikiavik, Melbourbe, Norwich, Praga, Heidelberg, Dunedin y Iowa. Posterioremente en 2015 se unieron Barcelona, Nottingham, Óbidos, Tartu, Ulyanovsk, Montevideo, Lviv, Liubliana y Bagdad.